Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 247 Venres, 28 de decembro de 2012 Páx. 48183

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de novembro de 2012, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública o proxecto de cerre e clausura da autorización de explotación Pereiriñas nº 165, Plan de restauración final, situada no concello de Salceda de Caselas e promovido pola entidade Manuel Vaqueiro, S.L.

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométense ao trámite de información pública o proxecto de cerre e clausura e o plan de restauración final da autorización de explotación de recursos da sección A Pereiriñas nº 165, situada no termo municipal de Salceda de Caselas (Pontevedra) e promovido pola entidade Manuel Vaqueiro, S.L.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o plan de restauración se atopa dispoñible ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra, nas oficinas da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas e no portal da Consellería de Economía e Industria (http://economiaeindustria.xunta.es/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións presentaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao director xeral de Industria, Enerxía e Minas, en calquera das oficinas previstas no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de novembro de 2012

Ángel Bernado Tahoces
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas