Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Rodeiro (expediente IN407A 2012/13-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Explotaciones Porcinas Achacán, S.C.

Domicilio social: lugar Achacán, s/n, 36530 Rodeiro.

Denominación: LMT de acometida ao CT de explotacións porcinas Achacán.

Situación: Rodeiro.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 de 15 metros de lonxitude, con orixe no apoio existente da LMT aérea LAL811 e final no apoio proxectado HV 1000/11 (paso aerosubterráneo) do cal continuá subterránea con condutor RHZ 295 metros ata o centro de transformación da granxa do peticionario, situada no lugar da Revolta, Chousa de Camba (parc. 106, políg. 69), Rodeiro.

Realizouse o trámite de información pública mediante anuncios no DOG do 7 de xuño de 2012 e no BOP do 24 de maio de 2012. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Manuel Hermida Cidre, o 8 de xuño de 2012, presenta un escrito de alegacións expoñendo que as obras que se van autorizar xa foron executadas e non se axustan ao proxecto presentado; ademais presenta un informe técnico expoñendo que os postes nº 2 e nº 3 non están situados na localización indicada no proxecto.

Con respecto á localización dos apoios, cómpre dicir que, con datas do 2 de abril e do 13 de xullo de 2012, a empresa peticionaria presentou anexos ao proxecto que prevén os ditos cambios.

En relación coa execución das obras, esta xefatura territorial iniciará un expediente informativo, que poderá derivar en sancionador, para verificar a súa legalidade, de acordo co artigo 131.9 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro. Esta circunstancia non impide seguir cos trámites ordenados no capítulo II, título VII do citado real decreto, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, por conseguinte, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 131 do Real decreto 1955/2000, será de 12 meses a partir da recepción da presente resolución. Para os efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 19 de outubro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra