Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47919

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 29 de outubro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Palas de Rei (expediente IN407A 2012/86-2, 8054 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Avícola Melidense, S.L.

Domicilio social: r/ Codeseira, 35, 3º C, Melide.

Denominación: LMTA a 20 kV e CTA de 50 kVA.

Situación: concello de Palas de Rei.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe no P 105 da liña PAL 806-Coto 6 e final no CTA proxectado, cunha lonxitude de 90 metros en conductor LA-56.

– CTA sobre apoio de formigón, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000V/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 29 de outubro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo