Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47920

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 8 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición da autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Santa Comba (expediente IN407A 2012/204).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: r/ Miraflores, 20 baixo,15840 Santa Comba.

Denominación: LMT, CT, RBT, Guisande II.

Situación: Santa Comba.

Características técnicas:

O centro de transformación de Guisande II instalarase nun edificio tipo caseta con envolvente modular de formigón no cal se instalará un transformador trifásico en baño de aceite con illamento de aceite mineral con potencia de 160 kVA e con tension primaria de 20 kV e tensión secundaria 230/400 V, unha cela de protección de liña con interruptor-seccionador de tres posicións de tensión de 20 kV e illamento SF con intensidade nominal de 630 A, unha cela de protección con seccionador de tres posicións idéntica á cela de liña e mais un sistema de protección con fusibles, un cadro de baixa tensión modular segundo norma UNESA RU 6302 con dúas saídas protexidas mediante fusibles.

A liña de media tensión partirá dun apoio nº 6 da LMTA Santa Catalina existente (expediente 27949) e estará formada por un circuíto que vai enterrado baixo tubo ata unha cela de entrada de liña que se vai instalar no CT Guisande II proxectado. O condutor será de aluminio con illamento de polietileno denominado RHZ 2OL 12/20 kV AL de 95 mm2.

A RBT partirá con dúas liñas enterradas ata o punto de entroncamento coas liñas enterradas ata o punto de entroncamento coas liñas aéreas existentes. As liñas estarán formadas por circuítos trifásicos con condutores unipolares de aluminio RV 0,6/1 kV 4×(1×150 mm2) Al e RV 0,6/1 kV 4×(1×95 mm2). As súas lonxitudes son de 83 m e 89 m, respectivamente.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita no edificio administrativo de Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 8 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña