Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47922

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cangas (expediente IN407A 2012/298-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición da autorización administrativa e a declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita, da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LAT 66 kV Lourizán-Cangas II, alimentación Cangas II (anteproxecto).

Situación: Cangas.

Características técnicas: desvío da liña de alta tensión (66 kV) Lourizán-Cangas mediante un novo tramo subterráneo de 207 METROS, con condutor RHZ1 2OL, desde o apoio existente nº 77, paso aerosubterráneo, (PAS) ata a futura subestación Cangas II, distribuído do seguinte xeito: 22 metros a colocar polo PAS, 5 en canalización dobre circuíto, 168 en canalización triplo circuíto e 12 polo soto da subestación Cangas II. A instalación está situada na zona do polígono da Portela, Cangas.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida Fernández Ladreda 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacions por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación

Pontevedra, 26 de novembro de 2012

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Concello: Cangas. Provincia: Pontevedra.

Anteproxecto LAT 66 kV DC Lourizán-Cangas II.

Nº predio

Lugar

Cultivo

Nome e apelidos Enderezo

Apoio

Afeccións

m2

ml aé.

ml sub.

m2 aér.

m2 sub.

2

As Lamas

Monte

– Antonio Caamaño Piñeiro

O Outeiro, Coiro, nº 8, 36940 Cangas, Pontevedra

50.0

3

As Lamas

Monte

– Antonio Fernández Chapela

Magdalena, nº 92, 36940 Cangas, Pontevedra

48.0

4

As Lamas

Monte

– Celia Villar Sotelo

A Retirosa-Coiro, nº 5, 36940 Cangas, Pontevedra

59.0

5

Anguieiro

Monte

- Mª Manuela Barreiro Sotelo

O Outeiro, Coiro, nº 19, 36940 Cangas, Pontevedra

59.0