Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2012 Páx. 47915

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 12 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada solicitada por Finsa para a fábrica de taboleiro de fibra de madeira de media densidade MDF, localizada nos termos municipais de Rábade e Begonte (Lugo). Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-71.

Con data do 1.4.2008 outorgouse a Finsa a autorización ambiental integrada nº 2006/0375_NAA/IPPC_079 para a fábrica de fibra de madeira de media densidade MDF localizada nos termos municipais de Rábade e Begonte, da que é titular. Nesta autorización estableceuse unha vixencia de cinco anos contados a partir do día seguinte ao da súa notificación ao titular, que se efectuou o 8.4.2008.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, de ser o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

– «Finsa. Renovación autorización ambiental integrada. Documentación técnica. Centro de Rábade. Data: outubro 2012».

– «Finsa. Renovación autorización ambiental integrada. Resumo non técnico. Centro de Rábade. Data: outubro 2012».

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que estime convenientes. Os anteditos documentos estarán á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental. Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Xefatura Territorial de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo).

– Concello de Rábade (Praza do 28 de Maio, s/n, 27370 Rábade).

– Concello de Begonte (Praza dos Irmáns Souto Montenegro, 1, 27373 Begonte).

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental