Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47716

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1094/2011).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1094/2011 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Leonardo Lorenzo Sola contra a empresa Sefogas, S.L. e o Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Decido que, considerando a demanda interposta por Leonardo Lorenzo Sola contra a empresa Sefogas, S.L., a) declaro extinguida a súa relación laboral con data desta sentenza, b) condénoa a que o indemnice pola extinción coa cantidade, salvo erro ou omisión, de dezaoito mil cincocentos catorce euros e oitenta céntimos (18.514,80 €), e c) condénoa a que lle aboe polos salarios debidos a cantidade de nove mil trinta e dous euros e trinta e nove céntimos (9.032,39 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivas para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Sefogas, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 4 de decembro de 2012

A secretaria xudicial