Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47713

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (169/2012).

María Blanco Aquino, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 169/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Hermida Guerra contra o Fogasa, Forno di Marta, S.L., sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:

«Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Número de autos: despido/ceses en xeral 169/2012-F.

Demandante: José Luis Hermida Guerra.

Demandados: Fogasa, Forno di Marta, S.L.

Auto.

Maxistrado/a xuíz/a.

Lara María Munín Sánchez.

Na Coruña o tres de decembro de dous mil doce.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Que o 30.10.2012 ditou sentenza este xulgado do social en autos de despedimento/cesamentos en xeral 169/2012 cuxo encabezamento literalmente di:

Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Sentenza: 781/2012.

Autos 169/2011.

Na cidade da Coruña o trinta de outubro de dous mil doce.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de José Luis Hermida Guerra, que comparece representado pola letrada Sra. Briones Amor, contra a empresa Horno di Marta, S.L., que non comparece, e o Fondo de Garantía Salarial, que comparece representado pola letrada Sra. Abajo Lera, ditou a seguinte

Segundo. O 23.11.2012 presentou escrito José Luis Hermida Guerra solicitando rectificación sobre o ano do número de autos.

Razoamentos xurídicos.

Primeiro. Conforme se establece no artigo 267 da Lei orgánica do poder xudicial, os erros materiais manifestos e os erros aritméticos das sentenzas e autos definitivos poderán ser rectificados en calquera momento, de oficio ou por instancia de parte.

Segundo. No presente caso escribiuse no encabezamento o número de autos 169/2011, cando en realidade é 169/2012.

Dispoño.

Examinada de feito a sentenza, apréciase a necesidade de aclarala no sentido que a continuación se di:

«No encabezamento da sentenza ditada nos presentes autos o número de autos pon 169/2011, cando en realidade debe dicir 169/2012».

Notifíquese esta resolución ás partes advertindo que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza.

O/a maxistrado/a.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en forma a Horno di Marta, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

María Blanco Aquino
Secretaria xudicial