Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47711

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3079/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso de suplicación 3079/2012- RCUD 281/2012 MAY, seguido por instancia de Enrique Bouzo Rocha contra Fogasa, Taguive, S.L., Fibras de Madera, S.A., administración concursal de Taguive, S.L., Industrias de Tableros de Valga, S.A (Intavalsa), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Socorro Bazarra Varela.

A Coruña, 3 de decembro de 2012.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado Adolfo José López Fernández, o día 30 de novembro de 2012, ante a Oficina de Rexistro e Notificacións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en nome e representación de Enrique Bouzo Rocha, ao recurso correspondente, xunto coas súas copias.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina, fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala.

Emprácense as demais partes para que comparezan, mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala, deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos, sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

A secretaria xudicial