Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47709

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3929/2009).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario do Tribunal Superior de Xustiza de A Coruña, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación 3929/2009 desta sección, autos 488/2008 do Xulgado do Social número 1 da Coruña, promovidos por Nora Jacqueline Saldivia Arismendi, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal Mugenat, mutua Asepeyo, ISS Facility Services, S.A. e UTE Gaia Movex Vial, sobre accidente, con data do 5 de outubro de 2012 se ditou a resolución, cuxa parte dispositiva é como segue:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación formulado polo letrado Víctor Manuel Marzoa Pérez, en representación de Nora Jacqueline Saldivia Arismendi, contra a sentenza do 3 de xuño de 2009, ditada polo Xulgado do Social número 1 da Coruña, en autos seguidos por instancia da recorrente fronte ao Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Universal, mutua Asepeyo, e as empresas ISS Facility Services, S.A. e UTE Gaia Movex Vial, sobre determinación de continxencia de incapacidade temporal, debemos confirmar e confirmamos na súa totalidade a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Nora Jacqueline Saldivia Arismendi, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa San Sebastián, nº 5, 2º C, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 3 de decembro de 2012

O secretario xudicial