De conformidade co disposto nos artigos 58 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada dúas veces a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
Os actos obxecto de notificación foron adoptados polo xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e pola instrutora do procedemento sancionador, respectivamente.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
A comparecencia deberá efectuarse na sede da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A citada xefatura territorial ten a súa sede na rolda da Muralla, nº 70, 2º, do termo municipal de Lugo.
Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao día final do prazo fixado.
Lugo, 20 de novembro de 2012
José Mª López Vega
Xefe territorial de Lugo
ANEXO
Expediente: LU-RES 2012/042.
Interesada: Marian Cretu.
Acto notificado: resolución de expediente sancionador.
Órgano emisor: xefe territorial en Lugo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.
Expediente: LU-RES 2012/059.
Interesado: Luis Daniel Luciano Padilla.
Acto notificado: proposta de resolución de expediente sancionador.
Órgano emisor: instrutora do procedemento sancionador.