Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47722

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 14 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de renovación da autorización ambiental integrada presentada por Megasa Siderúrgica, S.L. para unha planta siderúrxica localizada no concello de Narón (A Coruña). Clave do expediente de renovación 2012-IPPC-M-69.

Con data do 7 de abril de 2008 concedeuse a Megasa Siderúrgica, S.L. a autorización ambiental integrada nº 2006/0175_NAA/IPPC_087 para unha planta siderúrxica localizada no concello de Narón (A Coruña). Nesta autorización establécese unha vixencia de cinco anos, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación á titular.

O artigo 25 da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación, estipula que, transcorrido o prazo de vixencia da autorización, esta debe ser renovada e, se for o caso, actualizada. Atendendo ao indicado, e para os efectos previstos no artigo 7.2 do Real decreto 509/2007, do 20 de abril, polo que se aproba o regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei 16/2002, faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a documentación presentada pola solicitante para a renovación da autorización ambiental integrada, constituída polos documentos titulados:

Renovación da autorización ambiental integrada de Megasa Siderúrgica, S.L. Narón (A Coruña). Agosto 2012, co fin de que calquera interesado poida consultalo e, se for o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide convenientes. O antedito documento estará á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental - Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (R/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Narón (Praza de Galicia, s/n, 15570 Narón. A Coruña).

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental