Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47721

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2012, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4231/2012, contra a Orde do 29 de abril de 2011 pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Lugo.

Nesta secretaría xeral recibiuse escrito do presidente da Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo número 4231/2012 interposto por Vodafone España, S.A.U., contra a Orde do 29 de abril de 2011, da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se aproba definitivamente o Plan xeral de ordenación municipal do concello de Lugo.

Para os efectos de formalizar o solicitado no devandito escrito, faise constar que o expediente xa foi remitido por esta secretaría á Sección Segunda do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o 16 de outubro de 2012.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, emprazándoas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio
Ambiente, Territorio e Infraestruturas