Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2012 Páx. 47726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 26 de novembro de 2012, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de construción dun vertedoiro de refugos, promovido por Servicios Industriales y Ambientales Vimianzo, S.L. (Siavi), no lugar do Castrelo, Vimianzo (A Coruña) (expedientes 2011-SC-I-00286 e 2011-SC-I-00294).

Para os efectos previstos no Real decreto lexislativo 1/2008, do 11 de xaneiro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de avaliación de impacto ambiental de proxectos, (BOE nº 23, do 26 de xaneiro), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, quedará exposto en horas de atención ao público o estudo de impacto ambiental para as instalacións do proxecto referido no encabezamento, co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular nese prazo as alegacións, suxestións e/ou observacións que considere convenientes. A documentación que se expón será:

– Libro 1/3: estudo de impacto ambiental do proxecto de depósito de refugos e anexos.

– Libro 2/3: estudo de impacto e integración paisaxística do proxecto de construción e explotación de vertedoiro de refugos da planta de xestión integral de reciclaxe de materiais ao final de seu ciclo de vida no lugar de Castrelo, Vimianzo.

– Libro 3/3: avaliación de impacto arqueolóxico: depósito de refugos dentro de planta de xestión integral e reciclaxe de materiais ao final do seu ciclo de vida.

Para isto poranse á disposición dos administrados, en horario de atención ao público, exemplares da citada documentación nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Control da Xestión de Residuos e Calidade dos Solos (San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

– Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas-Xefatura Territorial da Coruña (r/ Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña).

– Concello de Vimianzo (praza do Concello, 6, 15129 Vimianzo).

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental