Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47635

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Portas

ANUNCIO de información pública sobre licenza municipal para ampliación de cemiterio.

José Antonio Fabeiro González, en nome e representación da Comunidade Parroquial de San Juan, solicitou desta alcaldía licenza municipal para a ampliación do cemiterio parroquial de Portas, fase 3ª, no lugar de Piñeiro, Portas.

En cumprimento do disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, no que se regulan as actividades sometidas a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgunha maneira se consideren afectadas polas actividades que se pretenden instalar e formular por escrito as reclamacións ou observación que consideren oportunas.

Portas, 8 de outubro de 2012

Roberto Vázquez Souto
Alcalde