Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47636

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ribadumia

ANUNCIO de convocatoria para a xestión do servizo da Escola Municipal Infantil 0-3 anos.

De conformidade co acordo adoptado polo Pleno Municipal, en sesión celebrada o 16 de novembro de 2012, por medio do presente anuncio efectúase convocatoria do procedemento aberto, atendendo á oferta economicamente máis vantaxosa, con varios criterios de adxudicación, para a adxudicación da xestión do servizo de Escola Municipal Infantil 0-3 anos do concello de Ribadumia, conforme os seguintes datos:

1. Entidade adxudicadora.

Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Concello de Ribadumia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

c) Obtención de documentación e información:

1. Dependencia: Secretaría.

2. Domicilio: avda. Ribadumia, nº 3.

3. Localidade e código postal: Ribadumia 36636.

4. Teléfono: 986 71 84 91.

5. Telefax: 986 71 63 93.

6. Correo electrónico: concello.ribadumia@eidolocal.es

7. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.ribadumia.org

8. Data límite de obtención de documentación e información: a data de finalización de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato de xestión de servizos.

b) Descrición: xestión Escola Municipal Infantil 0-3 anos.

c) Lugar de execución: r/ Joaquín García Álvarez, 15, 36636 Ribadumia.

d) Prazo de execución: catro anos, con posibilidade de prórrogas e un prazo máximo de seis anos (incluído o período inicial do contrato).

e) CPV: 85312110-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, oferta economicamente máis vantaxosa, varios criterios de adxudicación.

c) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula 10 do prego:

1. Proxecto de xestión educativa e organizativa: ata 45 puntos.

2. Estudo económico-financeiro que garanta a xestión: ata 5 puntos.

3. Melloras ofertadas: ata 20 puntos.

4. Oferta económica: ata 5 puntos.

5. Redución das tarifas: ata 25 puntos.

4. Orzamento base de licitación: 204.100 euros/ano.

5. Garantía exixida.

Definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Requisitos específicos do contratista: os sinalados na cláusula sétima do prego.

As empresas deberán estar inscritas no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais da Xunta de Galicia, dentro da Área de Infancia, segundo o establecido no Decreto 254/2011, do 23 de decembro, que regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais de Galicia.

7. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 26 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación do último anuncio de licitación no BOP de Pontevedra ou no DOG.

b) Modalidade de presentación: en tres sobres pechados que inclúan:

Sobre A: documentación administrativa.

Sobre B: proposición económica e documentación cuantificable de forma automática.

Sobre C: documentación cuxa ponderación depende dun xuízo de valor.

c) Lugar de presentación:

1. Dependencia: Rexistro Xeral do Concello de Ribadumia.

2. Domicilio: avda. Ribadumia, 3.

3. Localidade e código postal: Ribadumia 36636.

4. Correo electrónico: www.ribadumia.org

8. Apertura de ofertas.

a) Descrición: apertura do sobre A, o quinto día hábil despois da finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 10.00 horas.

Cualificada a documentación administrativa, procederase á apertura do sobre C, que conteñen os criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor; a mesa poderá solicitar todos os informes técnicos que considere precisos para a valoración das ofertas.

A mesa de contratación reunirase en acto público, na data que se comunique aos licitadores, vía telemática ou mediante fax, para dar a coñecer a ponderación asignada aos criterios dependentes dun xuízo de valor e proceder á apertura dos sobres B, daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas.

Á vista da valoración dos criterios cuxa ponderación depende dun xuízo de valor (sobre C) e dos criterios cuxa ponderación é automática (sobre B), a mesa de contratación propoñerá o licitador que presentase a oferta economicamente máis vantaxosa.

9. Gastos de publicidade.

A cargo do concesionario, ata un máximo de 1.500 euros.

Ribadumia, 23 de novembro de 2012

Mª Salomé Peña Muñiz
Alcaldesa