Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47639

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Tomiño

EDICTO de aprobación definitiva do plan especial de aliñacións e rasantes na vía BAR-0311 Mosteiro-Barrantes.

O Pleno do Concello de Tomiño, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 22 de novembro de 2012, aprobou definitivamente o plan especial para a determinación de aliñacións e rasantes na vía BAR-0311 no núcleo de Mosteiro, Barrantes.

O citado plan especial ter por obxecto completar o trazado da rede viaria no núcleo de Mosteiro na parroquia de Barrantes co trazado de aliñacións e rasantes na vía BAR-0311 e foi iniciado a instancia da totalidade dos propietarios dos predios servidos pola citada vía.

O acto de aprobación definitiva do mencionado plan especial foi comunicado á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, con data do 30 de novembro, en aplicación do disposto no artigo 92.3, da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e, ao mesmo tempo, dáselle traslado dunha copia autenticada de dous exemplares, con todos os planos e documentos que integran o plan especial aprobado definitivamente, debidamente dilixenciados pola secretaria do concello. Igualmente, remítese o acordo da aprobación definitiva, xunto co documento que contén a normativa e ordenanzas reguladoras, se for o caso, para a súa publicación no BOP, en aplicación do disposto no artigo 92.2 da Lei 9/2002.

Contra o acordo de aprobación definitiva do plan especial poderase interpor directamente recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, por medio deste anuncio notifícase o acordo que nel se contén a todos os propietarios que sexan descoñecidos, dos cales se ignore o lugar da notificación, ou ben cando, intentada esta, non se puidese practicar.

Tomiño, 30 de novembro de 2012

Sandra González Álvarez
Alcaldesa