Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47634

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública relativo a un almacén de paquetaría (expediente AM/24/12).

Carlos M. Martínez Vila, S.L. solicitou da alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a apertura dun establecemento dedicado a almacén de paquetaría, sito en Ribeira, nº 73, Torneiros, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3º, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo prazo, que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra, poidan examinar o expediente AM/24/12, na Sección de Urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

O Porriño, 22 de novembro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde