Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47633

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de información pública relativo a un aparcadoiro comercial (expediente AM/23/12).

Vego Supermercados, S.A.U. solicitou da alcaldía licenza municipal de acondicionamento e actividade para a instalación dun aparcadoiro comercial de uso público, que se situará nun soar anexo ao supermercado Eroski Center, sito na rúa Domingo Bueno, nº 12, desta localidade. En cumprimento do disposto no artigo 8.3, do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación da incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante o mesmo prazo –que empezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra– poida examinar o expediente AM/23/12, na sección de urbanismo deste concello, as persoas que dalgún modo se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que coiden oportunas.

O Porriño, 20 de novembro de 2012

José Nelson Santos Argibay
Alcalde