Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47524

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 26 de novembro de 2012 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

De conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 do mesmo decreto lexislativo, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo vacante que se relaciona no anexo I desta orde.

Segundo. Poderán concorrer a esta praza todos/as os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen e se especifican no anexo I.

Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria (Edificio Administrativo de San Caetano, Santiago de Compostela), nos departamentos territoriais ou en calquera das oficinas previstas no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo para a presentación de solicitudes será de quince días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. O modelo de solicitude sinálase no anexo II.

Cuarto. Os aspirantes deberán xuntarlle á súa solicitude un currículum vítae e xustificar mediante certificación ou copia compulsada os méritos que aleguen.

Quinto. Esta convocatoria será resolta pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. No caso de que resulte seleccionado para ocupar o posto de traballo que se anuncia no anexo I desta orde un/ha funcionario/a con destino noutra Administración pública, requirirase o informe favorable do departamento onde preste servizos, considerándose favorable de non emitirse no prazo de 15 días, conforme o previsto no artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Unha vez tramitado o seu traslado a esta comunidade autónoma, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado. Se no prazo de dous meses, a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, o/a funcionario/a seleccionado/a non se puidese incorporar á Comunidade Autónoma, considerarase deserto o posto e poderase proceder de novo á súa provisión.

Sexto. A resolución desta convocatoria farase pública no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.

Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres días, se o destino anterior está na mesma localidade que a do novo destino, e dun mes se está en localidade distinta ou supón o reingreso ao servizo activo.

O prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que deberá producirse dentro dos tres días seguintes ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á Comunidade Autónoma, para o caso de funcionarios/as doutras administracións públicas.

Se a resolución comporta o reingreso ao servizo, o prazo de toma de posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación da resolución.

Oitavo. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, poderase interpor potestativamente recurso de reposición perante este mesmo órgano no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, segundo redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderase interpor recurso contencioso-administrativo perante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2012

P.D. (Orde 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Código do posto: CU.C04.00.000.15770.027.

Denominación do posto: Sección de Xestión Económica.

Centro directivo: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural.

Localidade: Santiago de Compostela.

Tipo de posto: S.

Corpo ou escala: xeral.

Grupo: A1, A2, C1.

Nivel: 25.

Complemento específico: 11.775,82 euros.

Tipo de adscrición: A11 adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.

Formación específica: (640) para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

missing image file
missing image file