Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47523

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 17 de decembro de 2012 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Unha vez presentada a renuncia dunha vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 25 de maio de 2012 (DOG nº 103, do 31 de maio), e de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Aceptar a renuncia presentada por Marta Carballo Neira como vogal suplente do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Segundo. Nomear no seu lugar como vogal suplente do dito tribunal a Juan Roberto Barcia Casanova, funcionario pertencente ao corpo superior da Administración da Xunta de Galicia, escala de letrados.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2012

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda