Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47522

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 13 de decembro de 2012 pola que se outorga nomeamento de rexistrador da propiedade, mercantil e de bens mobles para un rexistro vacante da Comunidade Autónoma de Galicia.

O nomeamento de rexistradores da propiedade, mercantís e de bens mobles que desempeñen funcións en Galicia é competencia desta comunidade autónoma, segundo o disposto no artigo 26.1 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981.

Visto o expediente instruído para a provisión de rexistros da propiedade, mercantís e de bens mobles vacantes en virtude de concurso ordinario número 286, convocado pola Resolución da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do 16 de outubro de 2012 (BOE do 29 de outubro) e resolto pola Resolución do 10 de decembro de 2012, e de conformidade cos artigos 284 da Lei hipotecaria, 496 e demais concordantes do regulamento para a súa execución, o Decreto da Xunta de Galicia 7/2011, do 20 de xaneiro, e demais disposicións legais autonómicas pertinentes,

RESOLVO:

Nomear o rexistrador comprendido na citada resolución e que no anexo se relaciona para prover o rexistro vacante radicado no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de decembro de 2012

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

• Juan Carlos González Nieto, rexistrador de Pontevedra número 1 para o Rexistro Mercantil de Santiago de Compostela.