Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2012 Páx. 47529

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Dirección Xerencia do Hospital de Monforte de Lemos, pola que se resolve o procedemento de reavaliación do posto de xefe de sección de Cardioloxía deste hospital.

Iniciado por Resolución do 8 de agosto de 2012 o procedemento para a reavaliación do posto de xefe de sección de Cardioloxía do Hospital de Monforte de Lemos, esta dirección xerencia, de conformidade co establecido no artigo 43 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario, así como na Resolución da Consellería de Sanidade do 13 de xullo de 2011 (DOG nº 144, do 28 de xullo) pola que se procede a publicar a Orde do 6 de xullo de 2011, pola que se establecen as bases do procedemento para a reavaliación de determinadas xefaturas de persoal licenciado sanitario do Servizo Galego de Saúde, en virtude da competencia atribuída no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño),

DISPÓN:

Primeiro. Resolver o procedemento para a reavaliación do posto de xefe de sección de Cardioloxía convocado por Resolución do 8 de agosto de 2012.

Segundo. Prorrogar por un período de catro anos o nomeamento como xefe de sección de Cardioloxía da persoa relacionada no anexo a esta resolución.

Monforte de Lemos, 28 de novembro de 2012

Benigno Pérez Martínez
Director xerente do Hospital de Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe de sección de Cardioloxía.

Nome e apelidos: Ricardo Izquierdo González.

DNI: 34259019-J.