Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47459

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Ourense (expediente IN407A 2012/43-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: LMT, CT e RBT Quintela de Canedo.

Situación: Ourense.

Características técnicas:

LMT subterránea a 20 kV de 54 metros, condutor tipo RHZ1 e con orixe na LMT VLL812 ao CT Tarascón 32CB22 e remate na LMT VLL812 ao CT Vilanova de Quintela 32C723, con entrada e saída no CT proxectado Quintela de Canedo de 250 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

RBT aerosubterránea a 20 kV de 890 metros en aéreo e con condutor RZ e 738 metros en subterráneo con condutor XZ1 derivada do CT Quintela de Canedo.

RBT aérea a 20 kV de 140 metros con condutor RZ derivada do CT Vilanova de Quintela.

Orzamento: 105.215,00 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Ourense, 28 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense