Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 3 de decembro de 2012, do Servizo de Vixilancia e Inspección, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador S-P-14.12, en materia de protección do patrimonio cultural de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á empresa que se relaciona no anexo a resolución do expediente sancionador S-P-14.12 por infracción da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados poderán examinar o expediente no Servizo de Patrimonio Cultural, da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2012

Roberto Pena Puentes
Xefe do Servizo de Vixilancia e Inspección

ANEXO

Nº de expediente: S-P-14.12.

Interesado: Sociedade Andavía Renovables, S.A.

Último enderezo coñecido: Vía Édison, 19, Polígono do Tambre, Santiago de Compostela.

Feitos imputados: instalación dunha torreta anemométrica no contorno de protección do castro de Marcelín.

Tipificación: artigo 90.g) da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Precepto sancionador: artigo 95 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.