Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica nos concellos de Santa Comba e A Baña (expediente IN407A 2012/111).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.

Domicilio social: Miraflores, 20, baixo, 15840 Santa Comba (A Coruña).

Denominación: LMT, CT e RBT A Ermida.

Situación: Santa Comba e A Baña.

Características técnicas:

– Reforma do centro de transformación Ser (expediente 27.949) mediante o acondicionamento da caseta existente e desistalación da aparellaxe actual e instalación de tres celas de liña e unha de protección de transformador con illamento en SF6; así como apertura da LMT existente Derivación a CT Ser (expediente IN407A 1999/287) con entrada e saída no CT Ser mediante a instalación de dous pasos aerosubterráneos no apoio nº 7 existente, baixo tubo con 40 m de condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×240) mm2 Al.

– Liña de media tensión soterrada (LMTS) a 20 kV, cunha lonxitude de 992 m, en condutor RHZ1-2OL 12/20 kV 3×(1×95) mm2 Al, con orixe no centro de transformación Ser (expediente 27.949), e final no paso aerosubterráneo onde se conecta con CTI A Ermida proxectado.

– Centro de transformación intemperie (CTI) A Ermida, sobre apoio de formigón tipo HV 16/1300 que substitúe o existente, cunha potencia de 160 kVA e relación de transformación de 20/0,400-0,230 kV, localizado no lugar da Ermida (coordenadas UTM X: 517.442; Y: 4.761.149).

– Rede de baixa tensión subterránea, cunha lonxitude de 25 metros, en condutor RV 0,6/1kV 3×(1×95) Al, composta por dous circuítos con orixe no CTI A Ermida que se conectará coa rede de baixa tensión existente (expediente IN407A 2005/437) en pasos aerosubterráneos que se instalarán no apoio nº 28 existente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña