Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47455

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Leiro (expediente IN407A 2012/49-3).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32000 Ourense.

Denominación: LMT e CT San Clodio-xeriátrico.

Situación: San Clodio-Leiro.

Características técnicas: recuamento da actual LMT Cabanelas-San Cristovo, con LMT aérea de 185 m de lonxitude, en condutor LA-110, e LMT subterránea de 387 m, condutor RHZ1-3×240 AI, con entrada e saída no novo CT, proxectado, manobra exterior, San Clodio (xeriátrico), de 400 kVA e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 60.502,34 euros.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que consta no expediente.

Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.

Ourense, 23 de novembro de 2012

Gabriel Diéguez Domínguez
Xefe territorial de Ourense