Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47454

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 22 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica nos concellos de Triacastela e Pedrafita do Cebreiro (expediente IN407A 2012/85-2, 8053 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT TTL-SEQ805.

Situación: concellos de Triacastela e Pedrafita do Cebreiro.

Características técnicas:

– LMTA núa saída Triacastela, con orixe no pórtico de media tensión existente da subestación de Triacastela e final nun paso aéreo a soterrado nun apoio de formigón proxectado, cunha lonxitude de 16 metros en condutor tipo LA-110.

– LMTS saída Triacastela, con orixe nun paso aéreo a soterrado nun apoio de formigón proxectado e final nun paso aéreo a soterrado nun apoio de celosía metálico existente, cunha lonxitude de 163 metros en condutor tipo RHZ-240.

– LMTS enlace Sequeiros 805, con orixe nun paso aéreo a soterrado proxectado sobre apoio de celosía metálica existente e final nun paso aéreo a soterrado proxectado nun apoio de formigón existente, cunha lonxitude de 495 metros en condutor tipo RHZ-240.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 22 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo