Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47453

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varias interesadas para seren notificadas por comparecencia en materia de residuos (expedientes OU-72/2012 RE e OU-76/2012 RE).

De conformidade co disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, emprázanse as interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia, ao non ser posible a súa notificación a través do servizo de Correos.

Os actos foron adoptados polo xefe territorial

A comparecencia efectuarase no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 28 de novembro de 2012

José César Losada Álvarez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-72/2012 RE.

Denunciada: Vernizados Otero, S.L.L.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: OU-76/2012 RE.

Denunciada: Feldespatos Sarreaus, S.L.

Acto notificado: acordo de incoación.