Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47384

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relaciona o reintegro de pagamentos indebidos pendentes de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Pacios Viso, Francisco Javier).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónase reintegro de pagamentos indebidos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázase o interesado que figura no anexo para ser notificado por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8-4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Pacios Viso, Francisco Javier

34964228L

Ceboliño, O Carroleiro, 9

32004 Ourense

500120024468

654,64 €