Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47385

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Barcela Troncoso, Santiago e cinco máis).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei xeral tributaria 58/2003, do 17 de decembro, relaciónanse requirimentos de documentación en relación coas solicitudes de aprazamentos/fraccionamentos pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para ser notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación, en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza 8, 4º, 15781, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00, horas de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidación/providencia

Barcela Troncoso, Santiago

76997924L

Camiño Freiría, 45 PBT-Candeán

36317 Vigo-Pontevedra

500120025012

Promociones Casas Belas la Grande, S.L.

B36499325

Cl. Méndez Núñez, 27 soto

36940 Cangas-Pontevedra

12790164222

Andagal Andamios, S.L.

B15948383

Lg. San Miguel de Rarís, 2

15883 Teo-A Coruña

12790137294

Otero Amoedo, Feliciano

35233583K

Lg. Borrateiros, 28 A-Figueirido

36141 Vilaboa-Pontevedra

500120025523

Transportes Áridos y Hormigones de Pontevedra, S.L.

B36389922

Lg. Borrateiros, 28 A-Figueirido

36141 Vilaboa-Pontevedra

500120025519

Marguidetrans, S.L.

B36498533

Avd. Buenos Aires, 100, 1º C

36500 Lalín-Pontevedra

500120027144