Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2012 Páx. 47383

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 29 de novembro de 2012, da Subdirección Xeral de Recadación, polo que se relacionan reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Estructuras Cubafer, S.L. e Promocións Culturais Galegas, S.A.).

De conformidade co disposto no artigo 112 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, relaciónanse reintegros e xuros de axudas e subvencións pendentes de notificar, despois de intentadas as notificacións persoais, e emprázanse os interesados que figuran no anexo para seren notificados por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servizo Central de Recadación en aplicación do establecido no punto 2.3. do artigo 20 do Decreto 307/2009, do 28 de maio, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, perante o Servizo Central de Recadación, con enderezo na rúa Pastoriza, 8-4º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

Matías Alonso del Campo
Subdirector xeral de Recadación

ANEXO

Interesado

CIF

Enderezo

Liquidacións

Importe

Estructuras Cubafer, S.L.

B84824010

Rúa Doutor Teixeiro, 18, 1º K

15702 Santiago de Compostela

500120026906

500120026908

139.500,00 €

22.166,97 €

Promocións Culturais Galegas, S.A.

A15027535

Rúa Príncipe, 22, baixo

36202 Vigo (Pontevedra)

500120024834

4.885,04 €