Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47222

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (223/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento obxectivo individual 223/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Puentes Vázquez contra a empresa Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L., Fogasa, empresa Rojo & Suárez Urbanismo y Construcción, S.L., José Ángel Rodríguez Rodríguez, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«A Coruña, 23 de novembro de 2012.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento, entre partes, dunha e como demandante, Francisco Puentes Vázquez, que comparece asistido polo letrado Antonio Pousa Merens, e doutra, como demandado, Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L., que non comparece, empresa Rojo & Suárez Urbanismo y Construcción, S.L., que non comparece, e José Ángel Rodríguez Rodríguez, que non comparece.

En nome do rei, pronunciou a seguinte sentenza 886/2012.

Decido:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Francisco Puentes Vázquez contra a empresa Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do seu despedimento, con declaración nesta resolución da extinción da relación laboral con fixación da correspondente indemnización, de acordo co previsto no número seguinte. Todo isto con condena da citada empresa ao seu aboamento.

2. A indemnización que deberá aboar a empresa demandada, Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L. segundo o disposto no número anterior, ascende a 57.217,39 euros (cincuenta e sete mil douscentos dezasete euros con trinta e nove céntimos).

3. Estimo a acción de reclamación de cantidades formulada por Francisco Puentes Vázquez contra a empresa Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L., condenando a esta a aboar ao demandante a cantidade de 2.248,82 euros.

4. Desestímase a acción exercida contra Rojo & Suárez Urbanismo y Construcción, S.L. e José Ángel Rodríguez Rodríguez.

5. Todo iso coa obriga do Fogasa de aterse a esta resolución nos termos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

6. Considérase que a parte demandante desiste respecto da medida cautelar de embargo preventivo solicitada nestes autos.

7. Incorpórese copia desta sentenza á peza separada de medidas cautelares.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado, dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade social ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030.1846) a nome deste xulgado, co número 1533.0000.36.0223.12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións aberta en Banesto a nome deste xulgado, co número 1533.0000.60.0223.12, a cantidade obxecto de condena ou formalizar aval bancario por esa cantidade, en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio do recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación ás empresas Rojo & Suárez Urbanismo y Construcción, S.L., Exclusivas Deportivas Gallegas, S.L. e José Ángel Rodríguez Rodríguez, expídese este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

O secretario xudicial