Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47221

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (710/2010).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 28.11.2012 no proceso seguido por instancia de Santiago Queiruga Mosquera contra a empresa Raymond Cars, S.L., e o Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrouse co número 710/2010 e acordouse notificar á empresa Raymond Cars, S.L., o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta por Santiago Queiruga Mosquera contra a empresa Raimond Cars, S.L., a condeno a que lle aboe a cantidade de dous mil cento oitenta e seis euros e tres céntimos (2.186,03 €).

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta é firme.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación á empresa Raymond Cars, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 28 de novembro de 2012

A secretaria xudicial