Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47263

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello da Laracha (expediente IN407A 2012/067).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e de aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Hidroeléctrica de Laracha, S.L.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 19, 1º dta., 15004 A Coruña.

Denominación: centro de manobra e distribución de Froxo (fase I).

Situación: A Laracha.

Características técnicas:

Novo centro de manobra e distribución en edificio de obra civil (en proxecto independente) que se situará en parcela de propiedade de Hidroeléctrica de Laracha, S.L., onde se instalarán dous bloques de celas de media tensión, un para distribución primaria formado por tres celas de interruptor automático, unha cela de acoplamento de barras e outras tres celas de interruptor automático, todas elas con illamento en SF6, e outro bloque de celas para a distribución secundaria, formado por unha cela interruptor seccionador, dúas celas de interruptor automático, unha cela de interruptor pasante, dúas celas de interruptor automático, unha cela de interruptor seccionador e unha cela de protección con fusibles para o transformador de servizos auxiliares, de potencia 25 kVA e con relación de transformación 20-15/0,4 kV, todas elas con illamento en SF6.

Liña de media tensión soterrada a 15/20 kV, con dous condutores de tipo RHZ1-2OL(S) 12/20 kV 3(1×240) Cu canalizados baixo tubo cunha lonxitude total de 0,308 km, con orixe na cela de liña existente na subestación da Laracha, e final na cela de liña que instalará no novo centro de manobra e distribución de Froxo proxectado, que discorre pola canalización existente recollida nos expedientes 52.515, IN407A 2007/583 e IN407A 2011/296.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII, capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución da devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten aplicables e, en especial, as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

A instalación executarase nun prazo non superior a un ano, contado a partir da data desta resolución.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 27 de novembro de 2012

Susana Vázquez Romero
Xefa territorial da Coruña