Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47261

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución dunha instalación eléctrica no concello de Trabada (expediente IN407A 2012/75-2, 8043 AT).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: A Xunqueira Eólica, S.L.

Domicilio social: pza. da Xesta, nº 3, planta 5, portal D, Oviedo.

Denominación: centro de seccionamento e repartición Vilarbetote (20 kV) e liñas soterradas de alimentación.

Situación: concello de Trabada.

Características técnicas:

• Un centro de seccionamento e repartición (20 kV) Vilarbetote, en edificio prefabricado Ormazábal PF-202 (sistema CGMCOSMOS).

• Cinco liñas eléctricas subterráneas, todas elas a 20 kV, con lonxitudes comprendidas entre os 25 e os 30 metros, en simple circuíto, canalización multitubular de nova construción, e condutores unipolares de aluminio e illamento seco tipo RHZ1-OL 12/20 kV 1×240 kAl+H16; que presentan, individualmente, as seguintes particularidades:

– LSAT Naraído desde sub. Vegadeo, con inicio no apoio existente nº 25 (A49725), dando continuidade á liña eléctrica aérea Naraído desde a subestación de Vegadeo, e con final no citado centro de seccionamento e repartición Vilarbetote.

– LSAT Naraído cara ao CTI Naraído, con inicio no novo centro de seccionamento e repartición Vilarbetote e final no apoio existente nº 25 (A49725), dando continuidade á liña eléctrica aérea Naraído na dirección ao CTI Naraído.

– LSAT a CT estación de bombeo, con inicio igualmente no novo centro de seccionamento e repartición Vilarbetote e final na conversión aerosubterránea que se instalará no apoio existente nº 25 (A49725), dando continuidade á liña eléctrica aérea que alimenta o centro de transformación estación de bombeo, en Peigar.

– LSAT a CTI Goxe, co mesmo inicio e final na conversión aerosubterránea que se instalará nun apoio incluído en proxecto á parte (apoio nº 24), dando continuidade á liña eléctrica aérea que alimenta varias poboacións: centros de transformación de intemperie Refoxos, Lourido, Guiar, Braña de Guiar e Goxe (San Tirso de Abres).

– LSAT de Parque Eólico A Xunqueira, con inicio na conversión aerosubterránea que se instalará en apoio incluído en proxecto á parte (nº 24), dando continuidade á liña eléctrica aérea procedente do Parque Eólico A Xunqueira e final no novo centro de seccionamento e repartición Vilarbetote.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta xefatura territorial resolve:

Autorizar e aprobar o proxecto de execución das devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Lugo, 26 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo