Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47265

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Chantada (expediente IN407A 2012/91-2, 8059 AT).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle (Ourense).

Denominación: LAT 132 kV Belesar-Os Peares (soterramento en subestación Belesar).

Situación: concello de Chantada.

Características técnicas:

– LAT soterrada a 132 kV con orixe en novos soportes colocados sobre pórtico existente, nos cales se realiza a transición de aérea a soterrada (4 metros), a liña discorre en canalización formigonada baixo tubo (9 metros) e polo foso de cables do parque blindado (21 metros) e remata na nova posición de liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 30 de novembro de 2012

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo