Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se lle dá publicidade ao inicio de oito expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, procédese a dar publicidade ao inicio de oito expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición dos interesados os expedientes para que, consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a Sección de Bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, situada na rúa Concello, 11, 32872 Ourense (teléfono 988 38 66 51/52).

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo o reintegro en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente».

Ourense, 29 de novembro de 2012

Mª Mercedes Gallego Esperanza
Xefa territorial de Ourense

ANEXO I

Interesada: Castro Fernández, Tania. Estrada de Vigo,1, 8º E, Ourense (Ourense).

NIF: 44473494G.

Importe: 2.448,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesado: Dasilva Ribeiro, Esteban. Avda. López Blanco,13, 2º, Celanova (Ourense).

NIF: 76735120J.

Importe: 204,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesado: Fernández Riesta, Daniel. Estrada Mourillós, 52, 1º A, Celanova (Ourense).

NIF: 44493640W.

Importe: 794,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesado: Fuentes Méndez, Marcos Emilio. R/ Vila Real, 9, 2º B, Ourense (Ourense).

NIF: 45149688K.

Importe: 408,00 euros.

Curso: 2011-2012.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesada: Mora Badilla, Karen Marlene. R/ Salvador de Madariaga,1, 1º C, Ourense (Ourense).

NIE: X7383504K.

Importe: 2.448,00 euros.

Curso: 2011/2012.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesado: Rodríguez Fernández, Rubén. Bustelo, 16, San Cristovo de Cea (Ourense).

NIF: K3212010Z.

Importe: 1.521,68 euros.

Curso: 2011/2012.

Causa: 7.20. Non destinar a axuda á finalidade para a que se lle concedeu.

Interesada: Rodríguez Iglesias, Elena María. R/ Sáenz Díez, 38, 4º I, Ourense (Ourense).

NIF: 44464254X.

Importe: 2.717,00 euros.

Curso: 2011/2012.

Causa: 1.1. Baixa no centro.

Interesada: Rivas González, Belén. Urbanización El Sosiego, 11, Ouriz (O Pereiro de Aguiar).

NIF: 77411847B.

Importe: 4.800,00 euros.

Curso: 2011/2012.

Causa: 1.1. Baixa no centro.