Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47313

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 29 de novembro de 2012 pola que se efectúa apercibimento de orde de desaloxo do departamento número 9, sito nas instalacións do porto de Suevos, autorizado a Juan Manuel Souto Añón.

Intentada mediante correo certificado a notificación de orde de desaloxo (data do aviso de recepción 28.9.2012) e non sendo posible por resultar ausente no seu domicilio o destinatario, por medio desta cédula ponse no seu coñecemento que finalizou o prazo da autorización temporal do departamento nº 9 do porto de Suevos, ao non ser presentada a documentación solicitada.

Polo exposto, esta xefatura de zona, no que resulta da súa competencia, resolve emitir orde de desaloxo inmediato do referido departamento o día seguinte da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. De non procederse ao desaloxo inmediato, aplicarase o disposto na regra 9ª da tarifa E-2 da Lei 6/2003, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, que di: «No caso de ocupación de superficie sen contar con esta autorización, a tarifa que se aplicará durante o prazo de ocupación será o quíntuplo da que con carácter xeral lle correspondería…» ata que efectúe o desaloxo vostede, feito que deberá comunicar ao persoal de Portos de Galicia. No caso contrario, seguirase aplicando o disposto anteriormente, sen perxuízo da sanción que poida proceder.

Importe mensual da regra décima da tarifa E-2:

11,95 m2×0,038749 €/ m2/día×5= 2,31525275 €/ día+IVE.

No caso de non levarse a cabo o desaloxo voluntario, Portos de Galicia reserva para si o dereito de efectualo á súa custa, pasándolle posteriormente os gastos orixinados e non responsabilizándose Portos de Galicia polos danos causados na retirada e transporte dos obxectos.

Contra esta orde, que non esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada perante a Dirección do ente público no prazo dun (1) mes a partir da súa recepción, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da zona centro de Portos de Galicia