Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47315

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012 pola que se comunica o inicio de procedemento de incumprimento total e, se é o caso, a resolución de retención de pagamento, aos titulares dos expedientes que se relacionan.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento dos titulares dos expedientes relacionados no anexo a esta resolución que o director xeral do Igape acordou iniciar o procedemento de incumprimento total das condicións impostas nas resolucións de concesión das axudas outorgadas, co obxecto de determinar o alcance do incumprimento, que podería dar lugar á revogación das axudas concedidas e suspender os pagamentos naqueles expedientes que xa tivesen presentada a solicitude de cobramento, ata que se diten as resolucións que poñan fin aos procedementos de incumprimento.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. Concédeselles aos titulares dos expedientes un prazo de quince días hábiles desde a publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia para presentar alegacións co fin de xustificar a non procedencia destes presuntos incumprimentos. Así mesmo, as resolucións de retención de pagamento esgotan a vía administrativa e contra elas, os titulares dos expedientes en que se acordou esta suspensión, poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Non obstante, previamente poderán interpoñer recurso de reposición ante a Dirección Xeral do Igape, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

Nome/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG162.2008.1.4301

López Mato, Juan Jesús

Axudas ao acceso e adecuación do financiamento das pemes. Liña 1: programa de apoio a circulante (Resolución do 4 de novembro de 2008, DOG núm. 215, do 5 de novembro)

24.9.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total e resolución de retención de pagamentos

IG172.2011.1.197

Jacob’s Staff, S.L.

Liña márketing, comunicación, imaxe e marca (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

27.9.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total

IG172.2011.1.355

Granipec España, S.L.

Liña márketing, comunicación, imaxe e marca (Resolución do 31 de xaneiro de 2011, DOG núm. 22, do 2 de febreiro)

27.9.2012

Director xeral do Igape

Acordo de inicio de expediente de incumprimento total