Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2012 Páx. 47317

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2012 pola que se comunica á empresa Hostcastros, S.L. o arquivo do expediente C/0957/P05, relativo a unha axuda de incentivos económicos rexionais.

Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), pola presente resolución ponse en coñecemento da empresa Hostcastros, S.L., titular do expediente C/0957/P05, relativo a axudas de incentivos económicos rexionais (Orde ministerial do 13 de abril de 2011) que con data do 21 de xuño de 2012 a Dirección Xeral de Fondos Comunitarios do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas resolveu aceptar a renuncia presentada e proceder ao arquivo do expediente.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da LRX-PAC. A resolución de arquivo esgota a vía administrativa, e contra ela poderá interpoñer recurso de alzada ante o ministro de Facenda e Administracións Públicas no prazo máximo dun mes desde o día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. O expediente ponse de manifesto á entidade neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2012

Javier Aguilera Navarro
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica