Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47067

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO de aprobación inicial das normas subsidiarias deste concello para a delimitación de núcleos rurais.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria do 26 de outubro de 2012, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias do Concello de Outeiro de Rei para a delimitación de núcleos rurais de Alvite, A Franca, As Pontellas, Barciela, Francos, A Corredoira, Penelas e Leiros Largos, modificación das ordenanzas SNU/N e SNU/IPV, modificación de disposicións de carácter xeral e réxime de aplicación ás edificacións fóra de ordenación.

En cumprimento do disposto no artigo 85 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contados a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá examinar na Secretaría municipal, en horario de oficina, e na páxina web do concello www.outeiroderei.org e formular as alegacións e observacións que se consideren pertinentes.

Outeiro de Rei, 15 de novembro de 2012

José Pardo Lombao
Alcalde