Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47068

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ponte Caldelas

ANUNCIO de información pública sobre instalación de clínica dental.

A empresa Clínica Dental Ponte Caldelas, S.L. solicitou licenza de instalación de clínica dental na praza de Cotobade nº 1-1º C, de Ponte Caldelas, e neste concello tramítase o dito expediente.

En cumprimento do disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días (20) co fin de que durante este período, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación deste edicto, poida examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, aquel que dalgún xeito se considere afectado/a pola actividade descrita e formular por escrito as reclamación ou observacións que xulgue oportunas.

Ponte Caldelas, 7 de novembro de 2012

Perfecto Rodríguez Muíños
Alcalde