Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47066

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO de información pública sobre a ampliación de explotación de gando porcino de ceba en Valcárceles (San Xurxo de Vea).

Jorge Eiras Miguens (ER Gestión de Recursos 2012, S.L.) solicitou desta alcaldía licenza municipal para a actividade de ampliación de explotación de gando porcino de ceba que se situará en Valcárceles, San Xurxo de Vea. En cumprimento o disposto no artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles co fin de que durante este -que comezará a computarse desde o día seguinte ao da última inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia- poidan examinar o expediente, no Departamento Municipal de Urbanismo, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

A Estrada, 26 de novembro de 2012

José C. López Campos
Alcalde presidente