Cristalería Caamaño, S.L. solicitou licenza municipal de apertura para unha cristalaría sita na Telva, nave 10, parroquia de Sigrás, termo municipal de Cambre. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, que comezará a contar desde o día seguinte ao da inserción do presente anuncio no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar poidan examinar o expediente, nas oficinas da Área de Urbanismo, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.
Cambre, 22 de novembro de 2012
P.D. (R.A. nº 1000, do 17 de xuño de 2011)
Rocío Vila Díaz
Concelleira delegada da Área de Urbanismo e Medio Ambiente