Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47064

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Bueu

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais no ámbito do Plan parcial A1-S1 As Lagoas.

O Pleno da Corporación Municipal do Concello de Bueu, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 4 de xuño de 2012, adoptou acordo de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais antes sinalada, co alcance e o contido recollido no documento do 11 de xullo de 2011.

De acordo co sinalado no artigo 85.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, o documento sométese ao trámite de información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia: Diario de Pontevedra e Faro de Vigo.

Simultaneamente e durante o mesmo prazo damos audiencia aos concellos limítrofes para os efectos do sinalado no dito artigo.

Bueu, 26 de xullo de 2012

Félix Juncal Novas
Alcalde