Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47063

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Becerreá

ANUNCIO de información pública sobre proxecto de ampliación de legalización de corte de ceba e almacén en Fonchave, na parroquia de Fontarón.

Amable Fernández González, en representación de Fonchave Ganadera, C.B., solicitou desta alcaldía licenza municipal para proxecto de ampliación de legalización de corte de ceba e almacén en Fonchave, na parroquia de Fontarón do municipio de Becerreá. En cumprimento do disposto no parágrafo 3, do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da última publicación do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Becerreá, 27 de novembro de 2012

Manuel Martínez Núñez
Alcalde