Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47056

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia na resolución da modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo de Infraestruturas Agrarias, sito na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 28 de novembro de 2012

P.A. (Resolución 26.6.2012)
José Antonio García Rodríguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Acto notificado: Resolución do director xeral de Desenvolvemento Rural do 10 de agosto de 2012 pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de San Millao (Cualedro, Ourense).

Interesados: Josefa Rodríguez Fírvida.

Herminia Plaza Díaz.

Juan-Manuel Lamas Plaza.

Purificación Lamas Plaza.

Milagros Fírvida Bailón.

Josefa Lamas Plaza.

Francisca Lamas Plaza.

Francisco Bailón Bailón.