Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47057

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2012, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia na resolución da modificación do acordo da zona de concentración parcelaria de Niñodaguia (Baltar).

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio na sede do Servizo de Infraestruturas Agrarias, sito na rúa Florentino L. Cuevillas, 4 e 6, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 28 de novembro de 2012

P.A. (Resolución 26.6.2012)
José Antonio García Rodríguez
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Acto notificado: Resolución do director xeral de Desenvolvemento Rural do 13 de agosto de 2012 pola que se modifica o acordo da zona de concentración parcelaria de Niñodaguia (Baltar, Ourense).

Interesado: Antonio López Araújo.