Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2012 Páx. 47058

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2012, do presidente de Portos de Galicia, pola que se somete a información pública a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Viveiro-Celeiro.

O ente público Portos de Galicia elaborou a delimitación de espazos e usos portuarios do porto de Viveiro-Celeiro (Lugo) en cumprimento do artigo 69 do texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, aplicable aos portos competencia da Comunidade Autónoma de Galicia en defecto de lexislación autonómica propia.

Este documento, xunto co seu informe de sustentabilidade ambiental, conforme o documento de referencia aprobado pola Resolución do 26 de xuño de 2010, do secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, sométese a información pública para que as persoas ou entidades interesadas poidan presentar por escrito as reclamacións ou alegacións que consideren oportunas; para isto dispoñen do prazo de 2 meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

As reclamacións poderán ser presentadas nas oficinas dos servizos centrais do ente público, situadas na praza de Europa, nº 5 A, 6º, 15707 Santiago de Compostela, ou ben nas oficinas da Zona Norte de Portos de Galicia, rúa Nicomedes Pastor Díaz, 13, 1º, 27002 Lugo, onde se poderán tamén examinar os documentos referidos durante o prazo indicado e nos días hábiles, das 9.00 ás 14.00 horas. Así mesmo, a dita documentación estará á disposición na web www.portosdegalicia.com, na epígrafe de planificación portuaria.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2012

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia